luns, 6 mar 2006
Na súa reunión de hoxe luns, a Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Eulen o concurso para a prestación de servizos nas chamadas bibliotecas públicas de proximidade, por 96.400 euros. Este contrato finalizará o 31 de agosto de 2007.
luns, 6 mar 2006
90 efectivos do corpo de bombeiros de Vigo realizaron un curso de formación sobre o transporte de mercadorías perigosas . O programa desenvolveuse ata o día 3 de marzo durante 28 horas lectivas e impartíronse coñecementos e pautas a seguir nunha intervención nun sinistro relacionado con productos químicos.
luns, 6 mar 2006
A Biblioteca Central programa para o mes de marzo un obradoiro de prensa escrita para colexios ademais de ofrecer as actividades habituais de club de lectura de adultos e "os sábados conto".