As bibliotecas de proximidade son cousa de Eulen
Na súa reunión de hoxe luns, a Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Eulen o concurso para a prestación de servizos nas chamadas bibliotecas públicas de proximidade, por 96.400 euros. Este contrato finalizará o 31 de agosto de 2007.
As bibliotecas, situadas en centros escolares, estarán abertas ao público das súas respectivas zonas de influencia. Entre os servizos que ofrecerán están están o préstamo a domicilio, sección infantil e xuvenil, consulta en sala e actividades complementarias. Así mesmo, estes espazos bibliotecarios contarán con recursos informáticos e de telecomunicacións actuais.
Con estes centros, o Concello quere pór en marcha unha experiencia piloto de creación dun "servizo de bibliotecas públicas de proximidade" partindo dunha "rede de bibliotecas escolares" que ofrezan servizos equiparables aos das axencias de lectura. Os centros seleccionados polo Concello son, inicialmente, o CEIP Bouzas-Rocío, o CEIP Frián-Teis e o CEIP "Doutor Fleming".
Contrato da sinalización
Por outra parte, o Goberno local prorrogará o contrato de subministro, execución e mantemento da sinalización horizontal e vertical do termo municipal de Vigo coa empresa Aplicación de Pinturas, API, polo prazo dun ano e por un importe de 372.000 euros.
Esta prórroga dun ano, á súa vez, poderase prorrogar por outro ano máis. As condicións que deberá cumprir a empresa adxudicataria serán as mesmas que se recollen no prego de condicións administrativas e no contrato asinado o 15 de marzo de 2004.
Outro concurso adxudicado hoxe luns pola Xunta de Goberno é o de contratación do servizo de desenvolvemento do programa de deportes para maiores, que será realizado pola empresa Pablo Casal por 36.850 euros. O contrato que asinarán o Concello e Pablo Casal terá unha vixencia de dous anos prorrogables ata un máximo doutros dous.