Escoitar

Programa de balnearios

O Concello de Vigo participa no programa organizado pola Deputación de Pontevedra para a realización de actividades lúdicas e de saúde nos balenarios de Cuntis, Mondariz e A Toxa. Os insteresados poderán inscribirse ata o 20 de marzo.

venres, 3 mar 2006
1141631942balneario.jpg
Co programa pretendese dar unha alternativa ao tempo de lecer das persoas maiores, co fin de mellorar a súa calidade de vida e a súa saúde. A actividades consiste en pasar cinco tardes ou mañáns seguidas da mesma semana ( de luns a venres ) nun balneario da provincia de Pontevedra, permitíndolles facer uso das instalacións e voltando á súa casa no mesmo día

Un autobús recollerá os beneficiarios do programa no seu concello e trasladaraos ao balneario escollido. Alí permanecerán unha media de dúas horas, nas que poderán gozar dunha serie de instalacións tales como piscinas con pescozo de cisne, zonas de contracorrente, camas de masaxes, camas de burbullas, zonas de natación, jets de masaxe, jacuzzi, sauna filandesa, estufas de vapor e cabinas de xeo. Ao final da actividade o mesmo autobús levaraos de volta ao punto de saída.

Destinatarios e requisitos

Poderán participar neste programa as persoas de 50 ou máis anos, os pensionistas e as persoas que de acordo cun informe dunha traballadora social, necesiten unha situación de respiro familiar.

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ás prazas ofertadas, farase a selección segundo orde de recepción, xa que se entende que todas as solicitudes se axeitan ao perfil reseñado.

Todas as solicitudes deberán ir acompañadas por un informe médico no que se afirme que a persoa interesada non padece ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa. Todas as persoas deberán ter total autonomía para participar no programa, dado que non se admiten acompañantes. No caso de parellas ou cónxuxes, deberán ámbos os dous cubrir cadansúa solicitude, e cumprir os requisitos establecidos.

A concesión das prazas comunicarase por escrito aos concellos e ao balneario escollido. Cada concello contará cunha praza gratuita por cada 25 persoas.

Prezos

O prezo total dos cinco días será: para Cuntis, 15 euros; para Mondariz, 20 euros; e para a Illa da Toxa, 25 euros. Este prezo, que inclúe os desprazamentos e os servizos dos balnearios, faranse efectivos unha vez a Deputación conceda a praza. O pagamento efectuarase en Viajes Halcón no momento en que se confirme hora e lugar de saída.
Descargar todas as imaxes