Escoitar

Programa xuvenil de ocio nas tardes e noites das fins de semana

Durante as tardes e noites dos venres e sábados, a partir do vindeiro 10 de marzo e ata o 13 de maio, a movidade de Vigo poderá disfrutar das novas actividades do programa de ocio gratuito da concellería de Xuventude.

venres, 3 mar 2006
1141394119noites.jpg
Tardes e Noites Vivas é un programa que ofrece aos xoves unha proposta de ocio alternativa e de calidade , na que se combinan ofertas de entretenemento propostas polas agrupacións e asociacións xuvenís da cidade.

Actividades

a) Actividades lúdicas: xogos de rol, bailes (de salón, latinos, brasileiros, orientais, batuka, hip-hop, danzas do mundo ...) capoeira, método pilates, break dance, aerobic, percusión, karaoke, teatro, etc.

b) Actividades deportivas e xogos: baloncesto, pachangas, tai-chi, musculación, squash, esgrima, patinaxe.

c) Obradoiros: Son actividades a realizar en paralelo ás lúdicas e ás deportivas e xogos. Preténdese que cada día haxa unha variedade de xeito que poidan interesar a diferentes perfís de xoves (linguaxe de signos, coiro, atrapasoños, masaxes, xabóns naturais, perfumes, protocolo, abelorios, reciclaxe, cócteles sen alcohol, cociña, iniciación a teatro, lingua italiana, tatuaxes de henna, reflexoterapia, etc.).

d) Acceso ás novas tecnoloxías: Actividades a realizar de forma paralela ás anteriores (acceso a internet, iniciación a Linux, liga de xogos en rede, chat, messenger, etc.).

e) Actividades culturais: Trátase de ofertar un abano de actividades alternativas de carácter cultural (Teatro, cine, protocolo, lingua italiana, etc).

f) Espazos para quedar: Preténdese poñer a disposición dos/das xoves algúns espazos que poidan ser punto de encontro e reunión. As actividades a desenvolver neste espazo serán libres (xogos de mesa, xadrez, xogos de inxenio, futbolín, ping-pong, etc.).

g) Outras actividades:

- Baloncesto "Vigo en xogo": no Pavillón Municipal de Deportes do Berbés celebraranse cada fin de semana encontros de baloncesto. Serán os venres de 23:00 a 1:30h. e os sábados de 22:15 a 00:45h.
- Animación no bus nocturno "O Buho": a compañía teatral "Uveé D´eau Ble (W)" amenizará as viaxes do bus nocturno, mediante pequenas representacións con carácter preventivo, e agasallará aos xoves participantes.

Espazos e horarios

- Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): venres e sábados de 17 a 23:00h.
- Pavillón deportivo do Instituto de Ensino Secundario O Castro (r/J.G. Posada Curros, 1): venres e sábados de 22:00 a 1:00h.
- Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (r/ Jacinto Benavente,1): venres e sábados de 23:00 a 1:30h.
- Pavillón Municipal de Deportes de Coia (Avda. Castelao s/n): os venres de 23:00 a 1:00h.
- A.X. Cancerbero (r/ Heraclio Botana, 6 Baixo esquerda): os venres de 23:00 a 2:00h. O 24 de marzo, 7 de abril e 5 de maio levarán a cabo a actividade no Instituto de Ensino Secundario O Castro, de 22:30 a 1:00h.
- A.V. Camiño V. de Coia (r/ Marín,1): os venres de 19:00 a 21:00h.
- A.X. Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): os venres de 17:30 a 22:30h. e os sábados de 18:00 a 23:30h.
Descargar todas as imaxes