Fotografía e danza abren o festival alternativo de teatro
A Casa das Artes ensina dende o xoves un programa especial de actuacións na primeira semana do Festival Alternativo de Teatro e Danza –ALT’06- baixo o título Escénicas , cunha exposición de fotografía e proxeccións audiovisuais.
A exposición "Olladas á escena" amosa traballos dos fotógrafos Serge Montval (Francia), Luís Castilla ( Andalucía) e Agustín Hurtado ( Andalucía). "Danza na pantalla" é unha proxección audiovisual de traballos do festival Lekuz-Leku ( Euskadi), Branca Novoneyra (Galicia), Anxo Gómez ( Galicia) xentileza da Fundación Luís Seoane.
O Festival , organizado conxuntamente polo departamento de Cultura e a Asociación Cultural Noescafé Teatro , comezará as representacións o día 8 ata o 18 de marzo. Durante eses días subirán aos escenarios de Casa das Artes, auditorio Municipal e salón de actos do Marzo compañías de Portugal, Dinamarca, Arxentina, Portugal, Euskadi, Cataluña e Galicia.
Por outra banda, o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, asinou hoxe dous convenios de carácter formativo polo que o alumnado da Escola Superior de Arte Dramática e da Escola Municipal de teatro poidan acudir gratuitamente aos espectáculos do festival.
Descargar todas as imaxes