Escoitar

Actividades de marzo de Biblioteca Central

A Biblioteca Central programa para o mes de marzo un obradoiro de prensa escrita para colexios ademais de ofrecer as actividades habituais de club de lectura de adultos e "os sábados conto".

luns, 6 mar 2006
De luns a venres ás 10 horas o xornal Atlántico Diario organiza na Biblioteca un obradoiro de prensa escrita para colexios destinado a rapaces de 5º e 6º de primaria. Os escolares tamén son os destinatarios das visitas que se organizan os martes, mércores e xoves de 10.30 a 12 horas nas que se amosa cómo é a biblioteca, cómo funciona e qué se pode atopar nela.

O club de lectura de adultos que se reúne os mércores de 17:30 a 18:30 comentarán e falarán do libro "Samarcanda" de Amin Maalouf (Líbano, 1949).

Os sábados organizase para os mais cativo a actividade "os sábados conto" de 11:30 a 12:30 . Están previstos os seguintes contos : 11 de marzo "La madrasta de Blancanieves" /Violeta Monreal, Fernando Lalana; 18 de marzo "Los novios de la ratita presumida" / Violeta Monreal, Fernando Lalana; 25 de marzo "El lobo feroz" / Violeta Monreal; Fernando Lalana

Ademais na Biblioteca ofrecense visitas guiadas para adultos; formación de usuarios; consultas de bases de datos ;acceso a internet gratuíto; servicio de desideratas .

Para ser socio só precisase 2 fotos actuais e un documento de identidade . A BibLIOTECA PÚBLICA CENTRAL DE VIGO está na r/ Joaquín Yáñez nº 6 (Casco vello). Tlfn. 986.229.074. Fax 986.227.342 e-mail: bibli.central.vigo@xunta.es