O parque móbil da Policía Local renóvase con cinco novos vehículos
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e o xefe da Policía Local de Vigo, Carmelo del Castillo, presentaron hoxe martes cinco novos vehículos cos que este Corpo renova o seu parque móbil.
Esta renovación resulta imprescindible dadas as esixencias que o servizo impón, xa que os vehículos se usan durante as 24 horas do día, case sempre en tramos urbanos e conducidos en cada quenda por persoas distintas, polo que requiren dureza e fiabilidade.
Nesta ocasión o parque móbil da Policía Local renóvase con cinco vehículos que se distribuirán entre as distintas seccións e servizos do Corpo:
1 Citroën modelo C-3, destinado ao servizo de radar, ao que se incorporará o equipo completo con que xa se contaba.
1 Citroën modelo C-4, de 1.600 c.c. gasolina, destinado ao servizo de información e escoltas.
3 Citroën modelo Xsara Picasso de 2.000 c.c., totalmente equipados para o servizo de radio-patrullas da Unidade de Seguridade Cidadá, rotulados e coa correspondente instalación, ponte luminosa de prioritarios, etc. Son de tipo monovolume e un deles conta con mampara divisoria e habitáculo posterior deseñado para o traslado de detidos.
A adquisición destes cinco novos vehículos supúxolle ao Concello un investimento de 93.000 euros.
Descargar todas as imaxes