Escoitar

O Eixo Atlántico convoca a VII Bienal de Pintura

A VII Bienal de Pintura Eixo Atlántico inicia a súa andadura co lanzamento da convocatoria dos premios Eixo Atlántico e o premio Xoves Talentos Luso Galaicos. O certame artístico, con seis edicións celebradas, converteuse no segundo en importancia de toda a península ibérica polo número de participantes.

luns, 20 feb 2006
1140441026bienal_pintura.jpg
As bases que regulan o premio permiten a participación aos artistas naturais ou residentes en Galicia e Norte de Portugal, que desexen concorrer con unha ou dúas obras pictóricas, plasmadas en calquiera das técnicas expresivas desta arte. O tamaño máximo de cada obra será de 120 por 120 centímetros.

O xurado, formado por personalidades do mundo da cultura e das artes plásticas de Galicia e Norte de Portugal, seleccionará un máximo de 36 obras e entre elas as gañadoras dos Premios de Pintura Eixo Atlántico, nas modalidades de Primeiro Premio, dotado con 3.000 euros; dous segundos premios á mellor obra de autor portugués e de autor galego respectivamente, dotados con 1.500 euros e dous premios "Xoves talentos luso galaicos" para artistas naturais ou residente nas dúas rexións, con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, cunha dotación de 1.000 euros cada un.

As obras gañadoras e as seleccionadas participarán unha exposición itinerante que recorrerá as 18 cidades da eixo, entre a primavera de 2006 e outono de 2007. Os artistas teñen ata o 15 de marzo de 2006 para remitir as obras ao centro de recepción das mesmas na sede de SEUR en Vigo (Camiño do Fragoso, s/n 36214 VIGO). As bases completas que regulan a participación no certame atópanse na web www.eixoatlantico.com
Descargar todas as imaxes