Escoitar

Entroido na Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música organiza unha programación específica para o entroido cun festival de cine, un encontro orquestral en Allariz e un concerto didáctico.

martes, 21 feb 2006
1140527577entroidomusica.jpg
O Festival de Entroido con título " Un encontro de cine" celebrarase o xoves, día 23, ás 19:30 horas no auditorio do Concello , onde as agrupacións da Escola participarán no festival que se verá engalanado polos coloridos, creativos e diferentes disfraces cos cales nos vestiremos.

As actividades continuarán con encontro orquestral en Allariz os días 24,25 e 26. A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo participa neste encontro no cal a orquestra fará un intensivo programa de actividades: meramente musicais (ensaios, novas propostas musicais, preparación de repertorio orquestral, ) e actividades lúdicas cunha visita a vila de Allariz e unha festa de entroido.

A última das actividades "Concerto didáctico da Escola" terá lugar o 4 de marzo ás 12:00 horas no Auditorio do Concello de Vigo. A Escola programa tódolos anos un concerto dedicado os máis cativos , ós alumnos e alumnas de música e movemento (de 4 a 7 anos) no cal poderán disfrutar dun concerto especialmente pensado para eles: presentación de instrumentos, concerto narrado e outras sorpresas para que os rapaces e rapazas aprendan a escoitar, valorar, saber estar e disfrutar da música orquestral. Este concerto será a cargo da Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo.
Descargar todas as imaxes