Escoitar

Bando sobre a instalación de terrazas con mesas e cadeiras

O Concello está a traballar na unificación do mobiliario (mesas e cadeiras) das terrazas dos establecementos hostaleiros das zonas peonís e semipeonís como Montero Ríos e a alameda da praza de Compostela. As normas desta actuación recóllense nun bando que se adxunta a esta noticia.

martes, 7 feb 2006
1139321509terraza.jpg
Destaca a norma sexta, referente aos materiais das terrazas:

1.- Publicidade: Prohíbese expresamente instalar mobiliario que faga publicidade de calquera marca comercial, con carácter xeral en todo o termo municipal.

2. Materiais: Os materiais dos elementos que integren as terrazas (mesas, cadeiras e/ou parasoles) deberán ser discretos, hixiénicos e sen arestas nin saíntes.

- Eliminaranse delas calquera tipo de publicidade de marcas comerciais, tanto no mobiliario como nos parasoles.
- Utilizaranse nas terrazas materiais con certo estilo e deseño, aceptándose materiais tanto en madeira, aluminio ou enreixado plástico, dos que xa existen no mercado para mobles de exterior, xardín ou terraza, e contarase sempre co visto e prace do Departamento de Mobilidade e Seguridade, para o cal se achegará unha foto coa solicitude.
Descargar todas as imaxes