A Policía Local busca ofrecer un servizo máis directo coa nova Oficina de Relacións Cidadás
A Policía Local puxo en marcha o pasado 1 de marzo a súa Oficina de Relacións Cidadás, un servizo cuxos obxectivos son escoitar as solicitudes dos vigueses de maneira directa e personalizada, facer unha diagnose dos seus problemas e darlles solucións rápidas, eficaces e definitivas.
Este novo servizo foi presentado hoxe xoves pola alcaldesa, Corina Porro, como parte do "grande esforzo" que a Policía Local está a facer para reestruturarse, esforzo que no último ano supuxo a incorporación de 29 novos axentes, a posta en funcionamento do "visual car" e as campañas específicas de control do tráfico, entre outras actuacións.
Segundo afirmou Corina Porro, a Oficina de Relacións Cidadás permitirá que os vigueses coñezan "a cara humana da policía local", un corpo que non está "só para multar", senón tamén "para achegarse ao cidadán".
A Oficina terá como principal cometido ofrecer unha atención directa e personalizada a todas as persoas que requiran os servizos da Policía Local, con sensibilidade e ofrecendo o asesoramento necesario para cada caso. Para cumprir este obxectivo, a Oficina conta con persoal especializado, entre o cal figuran un licenciado en Dereito, un licenciado en Ciencias Políticas con máster en Relacións Internacionais e un diplomado social.
Os cidadáns poderán solicitar axuda a este novo servizo en persoa (nas dependencias da Policía Local, situadas na Casa do Concello), chamando ao 986 81 03 07 ou ben usando o correo tradicional ou o electrónico (plrelacionscidadas@vigo.org). O horario da Oficina de Relacións Cidadás é de 09:00 a 13:30 e de 18:30 a 02:30.
O xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, explicou que unha vez recibida unha solicitude, o persoal da Oficina procede a facer unha diagnose do problema para buscarlle solución. Durante todo o seu proceso de traballo, a Oficina mantén contacto cando menos semanal co solicitante para informalo do estado da súa queixa e coñecer a súa valoración da eficacia policial no tratamento do problema.
Durante os seus primeiros días de funcionamento, a Oficina de Relacións Cidadás recibiu unhas 200 chamadas telefónicas de persoas que requeriron os servizos da Policía Local ou pediron asesoramento. Grazas á Oficina, a Policía Local xa actuou en 75 casos, de entre os cales Carmelo del Castillo salientou os de solicitude de vixilancia por ruídos e molestias (12 casos), infraccións e deficiencias na vía pública (nove casos), cans sen correa (5), mediación entre particulares por problemas de convivencia (5) e solicitude de controles de velocidade (catro casos).
Descargar todas as imaxes