Talleres socio sanitarios para os enfermos de Alzheimer
A concellería de Benestar Social e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a creación de dez prazas nos talleres socio sanitarios dos que dispón a asociación.
O propósito dos obradoiros é realizar actividades básicas para o mantemento da función física e mental das persoas que padecen Alzheimer , traballando a orientación, a psicomotricidade e todas aquelas tarefas que lles afectan na vida cotiá.
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia traballa na atención dos enfermos que padecen esta doenza, prestando servizos e apoio aos familiares. No convenio asinado hoxe o Concello aporta á Asociación unha dotación económica de 10.000 euros.
Descargar todas as imaxes