O Concello e Vitrasa reforzan o servizo de autobús urbano con dúas novas liñas
Dúas novas liñas de Vitrasa entrarán en servizo o vindeiro 29 de marzo para substituír a actual C16. Ademais, a liña ata a Estación de Autobuses ampliarase e a Circular 2ª e a C9B serán modificadas. Outra das remodelacións afectará ao autobús nocturno, que pasará a circular con dúas liñas entre Samil e o centro cunha frecuencia de trinta minutos.
A empresa de transporte colectivo de Vigo, Vitrasa, en colaboración co Concello, presentou este venres dúas novas liñas, a Circular Inversa e a L18, que entrarán en servizo o vindeiro 29 de marzo. Segundo explicou o director xerente de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, o obxectivo destes novos percorridos é chegar ao maior número de destinos posibles e "anticiparse ás demandas dos usuarios".
Ambas as dúas liñas substituirán a actual C16, que conecta a Praza de España co barrio da Salgueira. Deste xeito darase cobertura a toda a zona incrementando o número de destinos e chegando a puntos que a C16 non cobre co actual traxecto.
A nova liña Circular Inversa fará o percorrido contrario á Circular Centro e cubrirá parte do itinerario da zona centro que fai o C16. A diferenza fundamental entre unha e outra é que a Circular Centro vai de Praza de América a Colón polo Berbés, mentres que a Circular Inversa discorrerá por Vía Hispanidade chegando ata Praza de América e duplicando o servizo cara ao centro xunto coa Circular Centro.
Ademais, o percorrido da Circular Centro pola rúa Barcelona será cuberto pola Circular Inversa pola súa rúa paralela, é dicir, pola rúa Zamora. Este servizo funcionará os días laborais e os sábados cunha frecuencia de quince e trinta minutos, respectivamente.
Pola súa banda, a nova liña L18 substituirá as viaxes que vén facendo a C16 ata o barrio da Salgueira. A L18 comezará en Colón e discorrerá polo camiño de Mantelas ata A Salgueira. Neste punto o autobús incrementará o anterior traxecto achegándose ata a urbanización Aires e o ambulatorio de Sárdoma.
Con esta nova liña preténdese dar un servizo ata o de agora inexistente na urbanización, así como chegar ao ambulatorio, ao que teñen que acudir diariamente os veciños da Salgueira. A frecuencia dos traxectos, de ida e volta, será de 60 minutos os días laborais e variable os sábados, domingos e vésperas de festivos.
Modificacións na Circular 2ª
Ademais, a liña Circular 2ª verase modificada próximamente. Debido ao cambio de sentido da rúa Marqués de Valladares o autobús desviarase e fará o percorrido pola Praza de Compostela para logo continuar co itinerario habitual por Reconquista cara á Porta do Sol.
Así mesmo, en breve será ampliada a liña ata a Estación de Autobuses. Actualmente, o autobús vai directamente da avenida Gregorio Espino á Travesía de Vigo. Coa nova ampliación desviarase na avenida, baixará ata a Estación de Autobuses e voltará en dirección á Travesía de Vigo.
O obxectivo deste novo servizo é conectar a céntrica Praza de España coa Estación de Autobuses cunha frecuencia constante de quince minutos en días laborais e sábados. Ademais, conectarase a Estación de Autobuses coas proximidades da Estación Martítima da Ría.
A liña C9B tamén sufrirá modificacións no percorrido desde a rotonda do Berbés por Beiramar e Marqués de Valterra a Torrecedeira. Coa ampliación o autobús terá paradas xunto ao ambulatorio da Casa do Mar e a Escola Náutico-Pesqueira cunha frecuencia de trinta minutos en xornadas laborais.
Bus Nocturno
Dentro do programa de remodelación das liñas, a modificación máis inmediata será a do servizo nocturno. A partir de hoxe venres, a Circular Nocturna Dereitas (CND) modificarase para xustarse ás necesidades dos usuarios. O novo servizo, que substitúe a antiga CND, denominarase Nocturno Búho 2 (N2). A liña fará o percorrido de tal xeito que a N1 e a N2 circularán no mesmo sentido cunha frecuencia de 30 minutos, conectando Samil coas principais zonas do centro da cidade e nas que están os locais máis frecuentados pola xente nova.
O Circular Nocturno Búho 1 (N1), antiga Circular Nocturna Esquerda, funcionará de luns a xoves e os domingos co seu horario habitual de 23:00 a 03:00 horas e estenderá o servizo aos venres, sábados e vésperas de festivos ata as 08:00. Máis de 10.000 usuarios colleron o "búho" desde a súa posta en marcha en decembro.
Descargar todas as imaxes