Proxecto de urbanización do peri da U.A. 3 Casas
<br />
A Xunta de Goberno Local de Vigo, na sesión ordinaria do 7 de febreiro de 2005, adoptou o seguinte acordo:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do PERI da U.A. 3 Casás (S. Andres de Comesaña), promovido pola Xunta de Compensación dese polígono, redactado polo enxeñeiro de camiños D. Alberto Moreno García, visado nos días 13/09/2004, 09/12/2004 e 15/12/2004 (Expte. 4546/401).
SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo de vinte dias hábiles, mediante publicación de anuncios no BOP e nun diario dos de maior circulación na provincia. Notifíquese o contido íntegro deste acordo á Xunta de Compensación e ós propietarios do polígono, ás entidades concesionarias de servizos públicos, infraestructuras de telecomunicacións, coordinador municipal da área de servizos, limpeza e equipo redactor do novo Plan Xeral."
O prazo de información pública entenderáse aberto dende o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorrido vinte días dende o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que estimen pertinente. O expediente atópase a disposición do público en xeral na oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artg. 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.