Pepa Plana no Teatro Alternativo
Pepa Plana , procedente de Barcelona, interpretará a obra "L’Atzar" dentro da programación "Soas en escena"do Festival Alternativo de Teatro. A función terá lugar o venres, día 11, ás 20:30 horas no Marco, cun prezo de cinco euros.
Na obra que interpretará Pepa Plana durante uns 40 minutos dará vida a unha pallasa, que por azar acaba atopando o que non atopaba
Ten traballado nos espectáculos "Hatzàrdia", de Pepa Plana e Joan Busquets, no marco da "Fira deCirc-Trapezi 2004", "Giulietta" de Pepa Plana, Harris Gordon e Carles Chamarro e "De Pe a Pa" de Joan Busquets e Pepa Plana, que tras ser presentada en Barcelona en 1998, mantívose durante oito meses en carteleira.
L’ATZAR
Entre todo o fascinante catálogo de criaturas humanas, o pallaso é quizá o único que non coñece o desánimo. Mirade con qué seriedade e perseveranza admirable se dedica intensamente a buscar solucións cando xorden problemas. Mirade como as súas neuronas producen solucións brillantes. O problema é que cada solución da lugar a un problema rigorosamente novo que a súa vez esixirá buscar solucións que a súa vez provocarán dificultades novas. A vida do pallaso é dura, sí. Por fortuna, o azar ten todo un repertorio de felices accidentes, e a miúdo o pallaso acaba encontrando por casualidade o que non buscaba.
Descargar todas as imaxes