Concentración silenciosa polas víctimas do 11-M
Varias decenas de persoas concentráronse na praza do Rei xunto coa Corporación Municipal para gardar cinco minutos de silencio en memoria das víctimas do 11-M.
Varias decenas de persoas concentráronse na praza do Rei xunto coa Corporación Municipal para gardar cinco minutos de silencio en memoria das víctimas do 11-M.
Dúas novas liñas de Vitrasa entrarán en servizo o vindeiro 29 de marzo para substituír a actual C16. Ademais, a liña ata a Estación de Autobuses ampliarase e a Circular 2ª e a C9B serán modificadas. Outra das remodelacións afectará ao autobús nocturno, que pasará a circular con dúas liñas entre Samil e o centro cunha frecuencia de trinta minutos.
O concelleiro Antonio Coello e o xefe de departamento Juan Comesaña valoraron os resultados do chamado "Equipo Móvil de adquisición de datos". Este estudo calcula a velocidade media do tráfico en Vigo que, segundo Comesaña pode calificarse de moi boa.
A nova responsable do área de Participación Cidadá, a concelleira Marta Iglesias, presentou o Plan de Formación Cidadá, que está vinculado á iniciciación e ensinanza das novas tecnoloxías, principalmente en áreas rurais onde o acceso a elas é mais complicado.
A primeira actuación da quinta edición do Ciclo de Música Sacra, que terá lugar o luns 14 de marzo, correrá a cargo da soprano galega Carmen Gurriarán, quen acompañada polo Quinteto da Sinfónica de RTVE interpretará a Frank Martín e a Luigi Boccherini na conmemoración do aniversario do seu pasamento.O ciclo de música sacra está organizado polo departamento de cultura e os concertos teñen lugar ás 20.45 horas na igrexa de María Auxiliadora.