O Salón da Hostelería e Alimentación do Atlántico reunirá arredor de cen expositores no IFEVI
mércores, 9 mar 2005O Salón da Hostelería e Alimentación do Atlántico 2005 abrirá as súas portas o próximo 28 de maio no IFEVI. Durante tres días, arredor dun centenar de expositores encontrarán nel o escaparate no que mostrar as últimas novidades nos sectores da hostelería-restauración e da industria alimentaria.
Xuventude presenta o boletín dixital de información xuvenil
mércores, 9 mar 2005Vai dirixido a todos os suscriptores que o soliciten e mandarase vía e-mail. Ten a particularidade de ser o primeiro boletín destas características "accesible", é dicir, que pode ser consultado por persoas con discapacidade visual, auditiva, deficiencias motrices, cognitivas e de linguaxe.
O Festival Sinsal comeza o próximo luns cos concertos de Berg Sans Nipple, Julie Doiron e Lali Puna no cine Salesianos
mércores, 9 mar 2005A terceira edición do Festival Sinsal "Música para catro estacións", impulsado polo Departamento de Cultura do Concello de Vigo, dará comezo o vindeiro luns, 14 de marzo, cos concertos que Julie Doiron, Berg Sans Nipple e Lali Puna ofrecerán no cine Salesianos a partir das 20.30 horas.
Continua a programación "Soas en escena" do teatro alternativo
mércores, 9 mar 2005Lola Correa representa "Jaque" dentro do programa "Soas en escena" dentro das actividades do Festival Alternativo dse Teatro que organiza a concellería de Cultura. A función será o xoves, ás 20:30 horas no Marco.
A Semana Santa recupera este ano a procesión dos Pasos
mércores, 9 mar 2005Corina Porro visitou os tronos desta procesión que forma parte da tradición viguesa e que se recupera este ano despois de máis de tres décadas de escuridade. A unión das tres cofradías posibilitou a recuperación dos pasos que forman esta fermosa procesión.