Sexta Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca
O Concello de Vigo, a través da concellería de Deportes, Faro de Vigo e Caixanova organizan a "6ª Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca", que se celebrará o próximo día 1 de abril ás 20,30 horas no Centro Cultural Caixanova.<br />
Na Gala outorgarase máis de 50 premios a outros tantos deportistas das diferentes disciplinas deportivas, cuias nonimacións presentarán as respectivas Federacións Galegas, tendo de prazo ata o día 14 de marzo.
Así mesmo concederanse sete ou oito mencións especiais a empresas, institucións, entidades e persoas que máis destacaran polo seu apoio ao deporte na nosa cidade. Tamén e con carácter extraordinario, o xurado proporá a concesión dunha distinción especial a David Cal, como deportista galego que obtivo una medalla de ouro e unha de prata nunha olimpiada.
O xurado, que se reunirá o día 22 para deliberar as nominacións, estará formado por concelleiros e concelleiras dos grupos municipais, un representante de Caixanova e outro de Faro de Vigo.
A organización remitirá invitacións ás Federacións, Sociedades Deportivas, Clubs da cidade , da comarca e nomeados.