O Concello colabora coas asociacións veciñais para conservar os nomes de lugar
Conservar a microtoponimia das parroquias rurais e semiurbanas de Vigo é o obxectivo dunha iniciativa desenvolvida polo Concello de Vigo e diversas asociacións veciñais coa colaboración da Xunta de Galicia. Os resultados provisionais deste proxecto están á vista nunha exposición de fotografías aéreas do termo municipal que se pode visitar estes días na lonxa do Concello.
A lonxa do Concello acolle ata o 20 de marzo unha exposición de fotografías aéreas na que se mostra a riqueza e variedade da microtoponimia das parroquias rurais e semiurbanas de Vigo. Esta iniciativa xestouse o pasado 5 de marzo nunha reunión mantida polo concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López-Chaves, con representantes de diversas asociacións veciñais do noso municipio.
Na dita reunión, as asociacións de veciños foron informadas sobre o traballo de recolleita de microtopónimos levado a cabo por bolseiras da Universidade de Vigo en virtude do convenio asinado polo Concello coa Sociedade para o Desenvolvemento de Galicia en 2002. A recolleita baseouse na acumulación e comparación de datos fornecidos por informantes das diferentes zonas. O Concello continúa a pedirlles ás asociacións que colaboren neste labor. Así mesmo, os representantes veciñais recibiron fotografías aéreas das súas respectivas parroquias e unha relación dos topónimos recollidos ata o de agora.
Os dous obxectivos da recollida son, por unha banda, corrixir os posibles erros na denominación dos lugares ou na súa localización. Por outra, quérese evitar que os microtopónimos se perdan. Neste sentido, a intención do Concello é contribuír con esta iniciativa a que a UNESCO declare o Patrimonio Inmaterial Galegoportugués como obra mestra da humanidade. A Xunta, a través da súa Comisión de Toponimia, colabora nesta tarefa estudando e corrixindo os microtopónimos recollidos.
O traballo de conservación, que implica ademais os departamentos de Urbanismo, Estatística e Medio Ambiente, continuará tamén nos locais das asociacións veciñais de marzo a maio, con varias exposicións de fotografías aéreas. Con elas preténdese que os veciños de cada lugar acheguen máis información e detecten erros. Un representante do Concello manterá o contacto cos informantes para despois parsarlle os novos datos á Comisión de Toponimia da Xunta, que deberá plasmalos en novas fotografías aéras e novas relacións de microtopónimos.
Descargar todas as imaxes