A Liga de Improvisación disputa o sábado a gran final
Os dous equipos mellor clasificados durante o desenvolvemento da LIXA disputarán a gran final o sábado 12 de marzo no Auditorio do Concello.
A primeira tempada da Liga de Improvisación para Xóvenes Afeccionados (L.I.X.A.) rematará o vindeiro sábado día 12 de marzo coa celebración da gran final, onde se enfrontarán os dous equipos mellor clasificados. Este proxecto pioneiro, que a Concellería de Xuventude de Vigo puxo en marcha no pasado mes de xaneiro dende o seu programa de ocio alternativo "Súbete ó Castro", obtivo unha gran resposta por parte da mocidade viguesa.
Máis de 90 rapaces e rapazas afeccionados ó teatro participaron na Liga de Improvisación xogando e arbitrando nalgún dos 20 combates disputados ó longo destes dous meses por toda a cidade. Preto das 700 persoas acudiron a presenciar este novo xeito de facer teatro e de crear cultura; unha fórmula onde o público é o principal protagonista ó ser él o que propón o que quere ver sobre o escenario e o que xulga quen o fixo mellor.
O combate final terá lugar o sábado 12 de marzo ás 19:30 no Auditorio do Concello, onde se enfrontarán o mellor clasificado da división branca e da división negra. Este ano correspóndelle enfrontarse ó equipo Aulatalía –A integrado por alumnos do I.E.S. Álvaro Cunqueiro, e ó equipo Traquers –A composto por xóvenes do C.R.A.C. de Coruxo. O público asistente terá a honra de decidir o gañador da primeira Liga de Improvisación Afeccionada de España; todo o que o desexe poderá recoller invitacións ben na Casa da Xuventude ben no Espacio Xoven do Castro situado a carón da pista de bicicletas.
Dende as 18:00 horas do sábado 12, os equipos participantes na L.I.X.A. (I.E.S. de Teis, I.E.S. Castelao, Escola Municipal de Teatro, A.V. de Cabral, Súbete ó Castro, Aulatalía e os Traquers) animarán as rúas de Príncipe e arredores como mostra da súa paixón polo teatro e da súa experiencia adquirida en improvisación. Ás 19:00 horas continuarán coa animación na praza do Rei como preludio do combate que terá lugar ás 19:30 horas. Unha vez finalizado o combate farase a entrega de trofeos e diplomas ós gañadores e participantes.
Descargar todas as imaxes