O Concello colabora coas asociacións veciñais para conservar os nomes de lugar
Conservar a microtoponimia das parroquias rurais e semiurbanas de Vigo é o obxectivo dunha iniciativa desenvolvida polo Concello de Vigo e diversas asociacións veciñais coa colaboración da Xunta de Galicia. Os resultados provisionais deste proxecto están á vista nunha exposición de fotografías aéreas do termo municipal que se pode visitar estes días na lonxa do Concello.