A Semana Santa recupera este ano a procesión dos Pasos
Corina Porro visitou os tronos desta procesión que forma parte da tradición viguesa e que se recupera este ano despois de máis de tres décadas de escuridade. A unión das tres cofradías posibilitou a recuperación dos pasos que forman esta fermosa procesión.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, visitou xunto cos concelleiros Ignacio López Chaves e Lucía Molares cinco dos tronos que sairán, por primeira vez en trinta e cinco anos, nesta Semana Santa. Estes tronos levan en desuso máis de tres décadas, pero a iniciativa que supuxo a unión das tres cofradías da cidade impulsou a recuperación destas fermosas esculturas e da tradicional procesión dos Pasos.
Corina Porro destacou a importancia que ten para unha cidade "recuperar unha parte da súa historia como é a procesión dos Pasos". Recordou o pasado das procesións vinculadas ás cofradías de pescadores do Berbés e agradeceu o esforzo das tres cofradías por unirse e recuperar as procesións e os tronos. A alcaldesa dixo que "as cofradías deben seguir crecendo xa que son un bo factor de promoción da cidade".
Os pasos que se arranxaron para poder saír nas procesións desta Semana Santa foron os da Flaxelación, a Primeira caída coa Verónica, a Oración no Horto, e a Santa Cea. O Ecce Homo é unha imaxe que tamén sairá pero esta sí está realmente restaurada. Co resto, o persoal das cofradías limitouse a limpalos e adecentalos para a ocasión.
"O proceso de limpeza comeza cunha aspiración das labras que poidan quedar nas imaxes, para despois lavalas con auga e xabón neutro", comenta Antonio Cid, un dos artesáns que traballaron na súa recuperación. E continúa: "logo cóbrense os defectos con masilla restauradora, líxase, repárase a pintura con acrílicos e dáse brillo con cera artística". En total dous meses de traballo que serven para sacar as imaxes do ostracismo pero cuxa restauración aínda está por chegar.
Corina Porro comentou a este respecto que o Concello apoiará este ano ás cofradías dando a difusión necesaria e na organización das procesións. "Para o próximo ano trataremos de colaborar na restauración dos pasos. Os concelleiros de Turismo e Cultura traballarán buscando fórmulas neste aspecto", afirmou á alcaldesa.