Escoitar

O Festival Sinsal comeza o próximo luns cos concertos de Berg Sans Nipple, Julie Doiron e Lali Puna no cine Salesianos

A terceira edición do Festival Sinsal "Música para catro estacións", impulsado polo Departamento de Cultura do Concello de Vigo, dará comezo o vindeiro luns, 14 de marzo, cos concertos que Julie Doiron, Berg Sans Nipple e Lali Puna ofrecerán no cine Salesianos a partir das 20.30 horas.

mércores, 9 mar 2005
1110377384sinsal.jpg
O evento conta cunha achega do departamento que dirixe Ignacio López-Chaves Castro que ascende a 9.000 euros, o dobre que na edición anterior. O festival, denominado nesta ocasión Música Para Catro Estacións, presenta unha nova estructura, de forma que estenderase ao longo do ano, ofrecendo catro concertos, un por cada estación, en distintos espazos da cidade.

Así o Sinsal unirá a Vigo, durante todo o ano, con algúns dos artistas máis interesantes da escena nacional e internacional. Pero non só será unha cita con algúns nomes influentes do panorama musical actual, tamén servirá de plataforma para presentar propostas menos populares pero de igual importancia artística.

Na edición de inverno, serán a cantante canadense Julie Doiron, o dúo francés Berg Sans Nipple, e o grupo alemán Lali Puna os artistas que marcarán o inicio do festival.

Julie Doiron, ex-baixista do grupo de noise-pop psicodélico Eric's Trip (autores de varios álbums para Sub Pop a principios dos anos noventa), tense achegado progresivamente a un folk caseiro e intimista que a sitúa á altura de artistas como Hope Sandoval o Kristin Hersh.

Con xa sete discos editados (un de eles gañador na categoría de Millor Ábum ao Grammy canadense no 2001), é unha das cantautoras máis expresivas da súa xeración, chegando incluso a captar a atención de Howe Gelb (Giant Sand), quen colaborou no seu disco Loneliest In The Morning.

A súa capacidade para emocionar demóstrase no seu recente traballo Goodnight Nobody, que gravou xunto a Herman Dune. Trátase dun álbum repleto cancións nas que a evocación do pasado e dos seres queridos desenvólvese mediante unha linguaxe musical intensamente emotiva.

Esta emotividade vólvese máis evidente en directo, como nos festivais Tanned Tin 2003 ou Primavera Sound.

O dúo Berg Sans Nipple, formado por Shane Aspegren y Jerome Lorichon, sairá a escena ás 21.30 horas e esta será primeira vez que realicen unha xira por España.Jerome Lorichon iniciou a súa carreira como batería encargado do ritmo en Purr; mentres que Shane Aspegren figuraba nos créditos de bandas como Songs:Ohia. Pero o dúo cobra vida como mutante factoría de ideas a través de Marie-Madeleine, un EP no que contaban coa contribución vocal de Dominique A.

Para Form Of...,o seu debut en largo reuniron a Luke Sutherland (Long Fin Killie) y Ohad Benchetrit y Justin Small (Do Make Say Think). O seu primeiro disco era un sorprendente cruce de espontaneidade, talento e heterodoxia, perfecto para entender o particular mundo de Berg Sans Nipple. O público español puido comprobalo na xira realizada a medias con L’Altra e nas súas actuacións nos festivais Tanned Tin 2003 e Primavera Sound.

Pero é Play the Inmutable Truth, seu último EP, a maior proba do seu proxecto, bastante inclasificable, no que se mesturan susurros pop, baterías sincopadas, ecos de vibráfono, melodías desencaixadas e redobres pausados.

As 22.30 horas será o turno da formación alemana Lali Puna, proxecto inicial da vocalista e multi-instrumentista de orixe coreana Valerie Trebeljahr. A este proxecto en solitario incorporouse o guitarrista Markus Acher, de The Notwist, o percusionista Christoph Brandner (Tied & Tickled Trio e Console) e o teclista Florian Zimmer (Iso 68 e Fred is Dead).

O álbum de debut Tridecoder (Darla/Morr Music/RED, 1999) evolucionou dentro dos parámetros do synth-pop, pero a súa vez, a música de Lali Puna recorda a Kraftwerk, Two Lone Swordmen, Laurie Anderson, New Order ou Stereolab.

Scary World Theory (Morr Music/RED, 2001) é un traballo vangardista con sutís técnicas de producción, que vai do abstracto e subliminar, aos sons post rock.

O seu terceiro e máis recente traballo, Faking the Books (Morr Music/RED, 2004), presenta unha grande sensibilidade pop, pese a que os ingredientes empregados son sinxelos. Rinden tributo aos seus heroes musicais, fusionan estilos e a voz de Valerie serve como narradora de desilusións políticas, sociais ou persoais.

As entradas para esta primeira entrega do Festival Sinsal están xa a venda, ao prezo de doce euros, nas tendas Sinsalaudio das galerías de Príncipe-Dr. Cadaval, e en Discos Gong de Vigo e Santiago.

Con esta entrada é posible acudir ao concerto que a cantante americana Josephine Foster ofrecerá o vindeiro 23 de marzo no Marco.

Membro do dúo Born Heller e líder dos Supposed, Josephine Foster é unha cantante e instrumentista de Chicago cuxo nome xa apareceu na influinte compilación Golden Apples From The Sun, editada pola revista Arthur, baixo a dirección de Devendra Banhart.

A gravación é unha interesante síntese do folk dos Apalaches, mediada por unha ordenada lectura da tradición inglesa e unha clara formación académica, na que aparece tamén o uso de distintos instrumentos de corda, como o uke, a arpa, o banxo e o autoharp, así como un versátil traballo vocal que, nalgúns pasaxes, é capaz de evocar a Shirley Collins.

Ademais, Foster asume distintos acentos e formas de frasear, recrea os personaxes que relatan as súas historias e usa as cordas para dar con diferentes ritmos e atmosferas, nun intento de reflectir idiosincrasias e épocas pasadas ou imaxinadas, involucrando ao auditor no proceso.
Descargar todas as imaxes