Xuventude presenta o boletín dixital de información xuvenil
Vai dirixido a todos os suscriptores que o soliciten e mandarase vía e-mail. Ten a particularidade de ser o primeiro boletín destas características "accesible", é dicir, que pode ser consultado por persoas con discapacidade visual, auditiva, deficiencias motrices, cognitivas e de linguaxe.
A concelleira de Xuventude, Lucía Molares, presentou, xunto co creador do proxecto, o técnico de Hacce, Pablo López, o boletín de información xuvenil (BIX) dixital. Este boletín será enviado a todos os interesados vía e-mail sempre que se suscriban previamente.
Un dos obxectivos nos que se traballa dende os diferentes servizos de información de Xuventude é a descentralización e dinamización da información. É dicir, se pretende que os recursos informativos cheguen a un maior número de xoves da nosa cidade de maneira que a maioría deles poidan ter acceso ás ofertas e oportunidades que lles ofrecen as diferentes institucións e entidades, tanto públicas como privadas locais, nacionais e internacionais.
Para completar e optimizar esta liña de traballo iniciamos dende a web de xuventude, un boletín de información xuvenil (BIX) dixital cuio fin directo será ser enviado semanalmente ós correos particulares dos/as interesados que se subscriban previamente e acepten as condicións especificadas legais obrigadas nestos casos.
Contidos
Os contidos deste BIX recollerán unha selección de interese, primando a información de caracter local, dende as diferentes áreas temáticas que se traballan en información xuvenil: turismo e ocio e tempo libre, emprego, voluntariado, estudiante, premios e concursos, vivenda...
Se pretende ademáis que calquera información de interese que se pretenda difundir a través da web e do BIX poida ser enviada dende o menú deste boletín: A Túa Nova, facilitando así o acceso á colaboración e partcipación de entidades xuvenís.
Por outro lado, dende o BIX se poderá acceder o fondo completo de información por áreas de interese que está exposto na web de xuventude.
En conxunto se pretende realizar unha selección semanal de 20 novas segun áreas, na idea de elaborar un boletín ameno, breve e de interese que facilite unha lectura rápida coa posibilidade de imprimir o seleccionado.
Será un boletín aberto a modificacións e suxerencias dos e das interesados, tentando en todo momento adaptarnos á realidade e as necesidades dos propios xoves.
Accesibilidade
Se pretende un BIX accesible seguindo a obriga legal de que as páxinas de internet das administracións públicas deberán ser accesibles antes do 31 de decembro de 2005, segundo a Lei 34/2002 de servizos da sociedade de información e de comercio electrónico.
Deste xeito se facilita que a información dispoñible nas respectivas páxinas de internet, no noso caso no BIX, poida ser accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada.
Esto beneficiará a tódolos usuarios/as con discapacidade visual, auditiva, deficiencias motrices, cognitivas e de linguaxe.
Descargar todas as imaxes