Escoitar

Continua a programación "Soas en escena" do teatro alternativo

Lola Correa representa "Jaque" dentro do programa "Soas en escena" dentro das actividades do Festival Alternativo dse Teatro que organiza a concellería de Cultura. A función será o xoves, ás 20:30 horas no Marco.

mércores, 9 mar 2005
1110370035lolacorrea.jpg
Lola Correa
"Jaque"

Ela está soa, encerrada, agobiada nun estado de catarse.
Ela da voltas ós catro puntos cardinais da súa existencia ¿monótona?
Ela busca a luz na pequena chama dun mecheiro, nun punto lonxano do universo.
Ela vai a atopar unha resposta. ¿Gustarall?
¡jaque-mate!

Jaque é unha tortura disfrazada de cotidianidade, de simpleza. É a nosa tortura diaria, de calquera, só que en Jaque é unha muller soa a que intenta saír do circulo no que un día entrou e nunca máis pudo saír. Jaque é o amable veciño, a boa nai, a fiel esposa, o fillo único, a complaciente amante, a intrigante certeza de que somos mortais.
Descargar todas as imaxes