Turismo promocionara a cidade en Berlín
Turismo promocionará a cidade de Vigo como destino turístico dende o día 11 e ata o vindeiro día 15 de marzo, nun dos salóns turísticos máis importantes do mundo, que se celebra en Berlín, no Parque de Exposicións "MESSE Berlín".
![1110460545logotipo.jpg 1110460545logotipo.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1110460545logotipo.jpg)
Con máis de 10.000 expositores de máis de 180 países, a ITB é unha cita obrigatoria porque é unha das feiras internacionais con maior participación, na que o 77% das empresas participantes son estranxeiras.
Turismo considera indispensable a asistencia a esta feira, xa que o mercado alemán é, xunto co Reino Unido, o primeiro mercado emisor de turistas a España. Según información aportada por Turespaña, o turista alemán demanda fundamentalmente natureza en estado puro, arquitectura, gastronomía, turismo de cidade e actividades vencelladas o deporte de natureza e aventura.
Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, son as comunidades que forman parte da marca "España Verde", que ten como principal mercado emisor Alemania.
A ITB é o foro idóneo para realizar esta promoción, xa que o número de vistantes profesionais que visitan o evento consolidouse na edición do 2004, superando os 65.000 visitantes, dos que 50.000 eran estranxeiros.
Vós de baixo custo
A Concelleira de Turismo, Lucía Molares, aproveitará esta cita na ITB de Berlín para manter unha reunión con directivos da empresa Hapag Lloyd Express, co obxecto de negociar a posible instalación no aeroporto de Vigo de vós de baixo custo.
Con este motivo, Turismo de Vigo elaborou un completo dossier sobre a cidade de Vigo e a súa área de influencia, que incorpora datos sobre actividade económico e características do aeroporto de Vigo, segundo foi demandado pola empresa.
Acudirán a esta cita, xunto coa Concelleira de Turismo, responsables de AENA, que colaborarán coa Concellería para realizar unha presentación máis completa sobre as instalacións aeroportuarias e facilitarán á empresa os datos sobre perfís e volumes de tránsito recentemente elaborado pola compañía, de modo que Hapag Lloyd poida valorar o interese de operar dende Peinador.
A empresa Hapag Lloyd Express ofrece vós a 17 destinos en cinco países de Europa. Os vós dende o seus centros de Colonia e Bonn diríxense na actualidade a Berlín e Hamburgo, así como ás cidades europeas de Milán, Venecia, Nápoles, Pisa, Londres-Luton, Manchester, Roma-Ciampino, Resu, Valencia, Madrid, Sevilla, Barcelona Marsella/Provenza e Olbia/Cerdeña. Os destinos dende o centro de Hannover son a Roma-Ciampino, Venecia e Niza, así como a Bilbao, Reus, Valencia, Catania, Milán-Orio al Serio, Nápoles, Olbia/Cerdeña e Pisa.
Descargar todas as imaxes