Economía financiará parte das obras de remodelación do edificio Cambón
A Consellería de Economía e Facenda contribuirá ao financiamento das obras no edificio Cambón cunha asignación orzamentaria de 360.000 euros. A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Antonio Orza, asinaron un convenio de colaboración polo que o Concello se compromete a executar as obras de demolición parcial e da remodelación do edificio, e a Xunta de Galicia se compromete a participar no financiamento das mesmas.
A Administración Galega acordara o pasado mes de marzo cederlle ao Concello en propiedade, a título gratuíto, o Edificio Cambón, para ser destinado a sede da alcaldía ou a dependencias doutros órganos do Concello.
En virtude do acordo asinado hoxe , xoves, o Concello executará as obras de demolición parcial e remodelación do Edificio Cambón, nas que se incluirá o acondicionamento dun espazo para recepcións, reunións e exposicións que poderá ser de uso compartido entre a Administración Local e a Administración Autonómica.
Unha comisión de seguimento integrada por dous representantes da Consellería de Economía e por dous do Concello de Vigo encargarase de velar polo cumprimento do acordo asinado hoxe.
A Consellería financiará esta primeira fase de actuación que, segundo sinalou a alcaldesa, terá un prazo de execución de seis meses e que consisitirá na demolición interior, a remodelación da cuberta do edificio e a instalación eléctrica. Esta primeira fase executarase de inmediato.
A continuación, o Concello iniciará a segunda fase das obras, que inclúen a división de espazos, a rehabilitación da escaleira e o equipamento do inmoble. A segunda fase terá un prazo de execución de oito meses.
Antecendetes
O Consello da Xunta acordou o 25 de marzo de 2004 a cesión en propiedade, a título gratuíto, do Edificio Cambón a favor do Concello de Vigo, co obxectivo de que o inmoble se destinase a sede da alcaldía ou doutras dependencias municipais. O 8 de novembro asinouse un protocolo-marco entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para a realización de obras de acondicionamento no edificio, así coma outras obras de urbanización, infraestruturas viarias e vivenda.
Descargar todas as imaxes