Concentración silenciosa polas víctimas do 11-M
Varias decenas de persoas concentráronse na praza do Rei xunto coa Corporación Municipal para gardar cinco minutos de silencio en memoria das víctimas do 11-M.
A Corporación Municipal do Concello de Vigo coa alcaldesa Corina Porro ao fronte, concentrouse ás doce do mediodía na praza do Rei para gardar cinco minutos de silencio en memoria das víctimas do atentado terrorista do 11 de marzo de 2004 en Madrid.
Este acto contou cunha alta participación de políticos, traballadores do Concello, periodistas e cidadáns, que se quixeron sumar a esta homenaxe polo recordo dos asasinados.
O Concello de Vigo sumouse á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a petición do alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón, e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Descargar todas as imaxes