Aprobación inicial da modificación do estudioi de detalle U.E. IV-02 PALENCIA
<br /> <br />
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 7 de febreiro de 2005 acordou aprobar inicialmente a modificación do Estudio de Detalle IV-02 PALENCIA (exp. nº 9456/411) conforme á documentación elaborada pola Oficina de Planeamento-Xestión, por solicitude da Concellería delegada de Asuntos Sociais, coa finalidade de posibilitar a construcción dunha escola infantil municipal na rúa Palencia de acordo co proxecto redactado e as indicacións da concellería de Educación.
Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo VINTE DIAS, mediante publicación no DOG, e nun dous xornais de maior difusión da provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate do mes contado dende o derradeiro anuncio.
A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.