Decreto de servizos mínimos durante a próxima folga da ORA
O Concello asinou un decreto polo que se regulan os servizos mínimos que deberá prestar a empresa concesionaria da ORA, FCC-EYSA UTE-Vigo, durante a folga convocada a partir do día 16 de marzo.
A empresa concesionaria, a requerimento do concelleiro de Mobilidade, presentou hoxe unha mediación ante a Administración autonómica con vistas a solucionar o conflicto.
DECRETO SERVIZOS MÍNIMOS
En data 2 de marzo de 2005, o Comité de folga da ORA comunica ó concello que dirixiu escrito a dirección da empresa no que lle comunicaba o comezo dunha folga legal e indefinida a partir do día 16 de marzo en demanda da negociación do convenio colectivo.
Toda vez que se trata dun servizo público é obrigación do Concello, sen conculcar o lexítimo dereito de folga dos traballadores, garantir os servicios mínimos para os usuarios do citado servizo ante as posibles queixas e reclamacións que se poidan plantexar derivadas do servizo e do funcionamento das máquinas expendedoras de ticket
Indicar que o servizo de ORA é un sistema de control de aparcamento, por iso ten unha directa relación co tráfico urbano; o descontrol de aparcamento na area de maior centralidade da cidade daría lugar, sen dúbida, a retencións, tráfico lento e prexuízos con carácter xeral para os conductores.
En atención ao indicado considérase que é necesario manter unha estructura mínima do servizo que conta actualmente con 44 traballadores e que estará composta por:
- 1 auxiliar administrativo cuia misión fundamental será atender as chamadas relativas ao servizo, tales como comunicación co Concello, atención ás solicitudes de información e demanda dos usuarios relacionadas co servizo de ORA.
- 1 operario de mantemento de expendedores, para dar resposta a posibles avarías que provoquen a inutilización dos equipos que xenerarían queixas dos usuarios, caso de non ser reparadas, e que en última instancia repercutirían nun mal servizo aos usuarios e un prexuízo para o tráfico en xeral.
- un vixiante que debería estar nas oficiñas da empresa e desprazarse para o caso de algún requerimento urxente dun usuario do servizo.
Polo exposto e de conformidade co disposto no artigo 37.2 da Constitución e o Real decreto lei 17/1997 de 4 de marzo, sobre relacións de traballo é preciso fixar uns servicios mínimos que permitan que o Concello cumpra as competencias que ten encomendadas.
RESOLVO
Fixar os seguintes servizos mínimos a prestar pola empresa FCC- EYSA UTE-Vigo a partir das 9.00 horas do día 16 de marzo de 2005 e no horario de prestación do servizo, mentres dure a folga:
- 1 administrativo
- 1 operario de mantemento
- 1 vixiante.
Notifíquese o presente Decreto ós interesados, á Policía Local e á Area de Mobilidade e Seguridade.