luns, 14 mar 2005
Dito convenio, que supón un orzamento de 18.390 euros, vai dirixido ao mantemento do punto de información ás mulleres de Coia e para a creación dun obradoiro de "Expresión Vital e Formación Teatral" que axude á integración das mulleres maltratadas.
luns, 14 mar 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou un convenio polo que o Concello entregará máis de 139.000 euros á Federación Olívica de ANPAS de Vigo e Comarca, para que esta faga fronte á xestión dos comedores, actividades extraescolares, formación de ANPAS e aos gastos de xestión da propia Federación.
luns, 14 mar 2005
A Casa do Cesteiro comeza o martes o programa formativo para este primeiro semestre do ano 2005 con 48 prazas ofertadas completas.
luns, 14 mar 2005
Dúas formacións viguesas, a Sinfonieta e o coro "Camerata ad Libitum" xuntarán na escena a setenta e cinco persoas para interpretar o Réquiem de Fauré, nun concerto que oferecerán o martes, día 15, dentro do ciclo de música sacra que organiza o departamento de Cultura. A actuación terá lugar na igrexa de María Auxiliadora a partir das 20.45 horas
luns, 14 mar 2005
A Casa da Xuventude acollerá entre o 30 de marzo e o 7 de abril un curso de Constitución e Xestión Básica de Asociacións. O curso, de 10 horas de duración, diríxese ás persoas interesadas no asociacionismo e aos responsables e directivos de asociacións xuvenís xa existentes. Todos eles poderán inscribirse, de maneira gratuíta, ata o 18 de marzo.