Sentido único do camiño Fontes-Samil

venres, 30 abr 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que a partir do vindeiro luns 3 de maio ás 09.00 horas, o camiño Fontes en Samil quedará establecido como único sentido de circulación, con entrada dende a avenida de Samil e saída polo camiño Garita detrás das pistas de automodelismo.
Solicítase a máxima colaboración cidadá

Peche ao tráfico o camiño Carrasqueira

venres, 30 abr 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechado ao tráfico o camiño Carrasqueira (Coruxo), con acceso exclusivo para residentes, nos tramos e datas seguintes:
-entre o número 180 e o número 228, dende o luns 03, ás 08.00 horas, ata o venres 07 de maio, ás 20.00 horas.
-entre o número 228 e a estrada de Canido, dende o luns 10, ás 08.00 horas, ata o venres 14 de maio, ás 20.00 horas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Peche do camiño Sanín

venres, 2 abr 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do segundo cinto de Vigo, estarán pechados ao tráfico o camiño de Sanín (San Andrés de Comesaña), entre o camiño do Castro e a estrada do Zondal, e o camiño do Castro entre o camiño Pedra Branca e o camiño de Sanín, dende as 00.00 horas do luns 05 de abril de 2004, por un período aproximado de duas semanas.

Peche na rúa Cervantes

venres, 2 abr 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras de urbanización na rúa Urzáiz, pecharase ao tráfico rodado o sentido de baixada da rúa Cervantes entre Urzáiz e Rogelio Abalde para todo o tráfico, a partir de mañá luns día 05 de abril ás 00,00 horas e por un período aproximado de catro semanas.

O Concello prepara un plan de choque contra o vandalismo

mércores, 24 mar 2004

O Goberno municipal puxo en marcha un plan para a rexeneración do contorno urbano para facer fronte á situación de abandono e deterioro que sofre a cidade, e que afecta tanto a aspectos coma a falla de limpeza en xardíns e rúas, o deficiente pavimentado ou o deterioro das beirarrúas. Pero o goberno considera ademais que este plan ten que ir acompañado de medidas firmes e drásticas, que garantan o correcto mantemento da cidade.

Novas medidas de tráfico en Urzáiz

sábado, 13 mar 2004

A concellería de Mobilidade e Seguridade pon en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do aparcamento soterrado da rúa Urzáiz, cortarase o carril descendente na rúa Urzáiz, no tramo entre Cervantes e República Arxentina, dende o próximo martes 16 de marzo de 2004 ás 00:00 horas, e ata o martes 23 de marzo ás 24:00 horas.