Escoitar

Vigo dispón de dous eurotaxis para persoas con mobilidade reducida

A flota de taxis da cidade conta desde hoxe con dous eurotaxis, vehículos con características específicas para transportar ás persoas con mobilidade reducida ou que utilicen cadeiras de rodas. O Pazo de Castrelos serviu de escenario para a presentación dos vehículos por parte da alcaldesa, Corina Porro e do concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello.

venres, 13 feb 2004
1076685902TAXI1.jpg
A adquisición deste vehículos e froito dun convenio de colaboración asinado entre o IMSERSO, a ONCE e o Concello de Vigo. As dúas primeiras institucións aportaron a cantidade de 6.012 euros, respectivamente, para a compra dos taxis. O Concello concedeu unha axuda económica a cada un dos titulares por un importe de 2.404 euros.

Os vehículos son marca Citroen e cumpren as especificacións técnicas do Centro Estatal de Autonomía Persoal de Axudas Técnicas (CEAPAT) relativas ó acceso do transporte, superficie de aloxamento, seguridade dos pasaxeiros, uso do vehículo por parte do usuario con mobilidade reducida. Ambos vehículos contan cunha rampa manual e escalón lateral con sistema de seguridade para unha cadeira de rodas.

A titularidade dos coches son José Valeije Carpinteiro , coa licencia 128 e Francisco Luis González, titularidade da licencia 307.
1076685902TAXI1.jpg
1076685914TAXI2.jpg
Descargar todas as imaxes