Corina Porro avoga pola coordinación da policía local e a nacional para combater o vandalismo

mércores, 18 feb 2004

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe a intención do Concello de Vigo de que a Policía Local e a Nacional realicen vixilancia nas zonas da cidade máis castigadas por actividades delictivas. A alcaldesa, trala celebración da Xunta Local de Seguridade e, acompañada polo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Alejandro Millán Mon, avogou por iniciar accións conxuntas coa Policía Nacional para combater o vandalismo e a inseguridade cidadá. "A cidade debe percibir que a Policía está ó seu servicio e garanti-los dereitos de todos", dixo a alcaldesa, quen engadiu que "coas reformas legais do Goberno central o estado de dereito se vai fortalecer".

Construcción dunha rotonda na confluencia de Sanjurjo Badía

luns, 9 feb 2004

A Concellería de Mobilidade e Seguridade comunica que por mor da construcción dunha rotonda na confluencia das rúas Sanjurjo Badía, García Barbón e Xulián Estévez a partir do martes 10 de febreiro de 2004 ás 0,00 horas, e por un período aproximado de 3 semanas, o tramo da rúa Sanjurjo Badía entre García Barbón e Coutadas, quedará en sentido único ascendente con entrada dende García Barbón.