Escoitar

Os bombeiros alertan sobre unha campaña de donativos que se está levando a cabo no seu nome

Persoas que se identifican como bombeiros da cidade piden donativos de 40 euros para cidadáns de Latinoamérica víctimas de guerras ou catástrofes.

venres, 20 ago 2004
Os Bombeiros de Vigo queren chama-la atención sobre o "engano" que supón para os vigueses unha campaña de donativos que se está realizando no seu nome. Persoas que se identifican como membros do corpo de bombeiros chaman estes días a cidadáns vigueses para pedirlles donativos dun mínimo de 40 euros destinados aos habitantes de países latinoamericanos víctimas de guerras ou catástrofes.

Os Bombeiros de Vigo queren aclarar que "calquera integrante da plantilla dos bombeiros está ao marxe desta campaña" e alertan sobre o "fraude" que pode supoñer. Os bombeiros piden a calquera vigués que reciba este tipo de chamadas que se absteña de colaborar e depositar calquera cantidad dirixida a este fin.