Escoitar

Inauguración do punto de información da Volvo Ocean Race 2005 na praza da Estrela

A información sobre a saída da Volvo Ocean Race 2005 xa pode consultarse na praza da Estrela trala inauguración o pasado mércores dunha estructura formada por un mástil de dez metros de altura e unha vela, símbolo do barco galego que participará na competición.

xoves, 19 ago 2004
O vicepresidente executivo do Padroado da Fundación Deporte Galego, José Ramón Lete, e a concelleira de Deportes, Lucía Molares, foron os encargados de inaugurar onte na praza da Estrela o que será o punto de información sobre a saída da Volvo Ocean Race 2005 e a Galicia Port Race.

Así, unha estructura composta por un mástil de dez metros de altura e unha vela que representa a participación galega nesta proba, presidirán a praza da Estrela, xunto ao edificio da Xunta de Galicia, co obxecto de achegar a todo aquel que o desexe a información necesaria sobre o evento que terá lugar o 12 de novembro do 2005.

Sobre a vela proxectaranse, nas noites estivais e nas datas máis significativas, imaxes da regata transoceánica. Xunto a ela haberá, ademáis, un panel informativo que baixo o nome "Navega Galicia 2005", ofrecerá os datos máis relevantes deste importante acontecemento dentro do mundo da vela.