Escoitar

64 equipos participarán no IV Encontro Nacional de Petanca Concello de Vigo

A praia de O Vao acollerá por carto ano consecutivo o Encontro Nacional de Petanca Concello de Vigo que terá lugar o sábado 21 e o 22 de agosto. No torneo estarán presentes as seleccións españolas feminina e xuvenil, vixentes campións do mundo e de Europa que medirán as súas forzas contra os 19 equipos galegos, a maioría de eles de Vigo.

mércores, 18 ago 2004
1092822294petanca.jpg
Co obxectivo de subliñar que a petanca non é só un deporte de maiores, o arenal de O Vao acollerá unha vez máis o IV Nacional de Petanca Concello de Vigo, no que participarán un total de 64 equipos (32 femininos e 32 masculinos).

Segundo a concelleira de Deportes, Lucía Molares, o encontro é unha clara aposta pola igualdade de xénero, xa que, por primeira vez, o equipo de mulleres gañador recibirá os mesmos trofeos e premios en efectivo que o de homes. Así, baixo un presuposto de 6.000 euros, os participantes poderán optar aos 2.200 euros en trofeos e 2.000 en premios en metálico, a dividir entre a categoría masculina e a feminina.

Os partidos comezarán a xogarse o vindeiro sábado 21 ás 10.00 horas, despois de facer un minuto de silencio en memoria de Antonio Nieto Figueroa "Leri".

A primeira fase xogarase segundo o sistema suízo, no que de catro equipos clasificaranse dous, quedando fora os outros dous, con dúas partidas para os gañadores e tres para os que teñan que xogar o desempate.

Os 32 equipos (16 femininos e 16 masculinos) que se clasifiquen, comezarán a competir ese mesmo día ás 16.30 horas. Ás 19.30 horas reanudarase o campionato cos oito millores equipos de cada categoría. Os encontros xogaranse segundo o sistema KO a trece tantos.

O domingo 22 terán lugar as semifinais ás 10.00 horas e as finais ás 11.30 horas. Ao remate do encontro entregaranse os trofeos.
O Encontro Nacional de Petanca Concello de Vigo asómase como a ocasión perfecta para que os equipos galegos poidan enfrentarse a tripletas da calidade do club Casteldefells, a selección española feminina, vixentes campionas do mundo e de Europa, e a selección española xuvenil, tamén campións do mundo na súa categoría.

Así, os clubes Argana Baja de Lanzarote e Casteldefells, campión nas tres edicións anteriores do encontro, medirán as súas forzas contra os 19 equipos galegos, a maioría deles de Vigo, que chegaron á fase final deste torneo: a Asociación Cultural Villar de Infesta, o Club Bolos de Carrasca, os clubes de petanca A´Rianxeira, A´Texeira, Breogán, Cabral, Celta, D´O Lume, Dornelas, Ensino, Florida, Galicia, Madroa, Os Muíños, Redondela, Sabajanes, Teis, Valladares, a peña Blanco y Negro, a Sociedad Cultural Deportiva Xestas, a Sociedad Deportiva Cristo de la Victoria e a UCVD Candeán.
Descargar todas as imaxes