Escoitar

A praia de Samil encherase de neve o sábado en pleno mes de agosto

Os días 21 e 22 de agosto celebrarase en Vigo o xa tradicional Open de Skateboarding "O Marisquiño", organizado pola tenda Westpeak e Sugema Medios Especiales. Un evento que contará este ano cunha exhibición de "Snowboard" no parking anexo á praia co obxecto de crear un precedente na comunidade para chegar a acoller o vindeiro ano unha proba oficial do Campionato do Mundo.

mércores, 18 ago 2004
O vindeiro fin de semana a praia de Samil mudará o seu estival aspecto co fin de acoller o IV Open de Skateboarding "O Marisquiño". Un evento que contará cunha demostración de "Snowboard" no parking anexo á praia e que correrá a cargo dalgúns dos millores especialistas na materia da Península Ibérica que farán as delicias dos presentes coas súas acrobacias.

A singularidade deste encontro ven determinada pola creación dunha rampla de neve artificial sobre unha esctructura de andamio que albergará a demostración de "snowboard". Así, dende primeiras horas da mañán do sábado, realizarase a montaxe da estructura e gracias ao sistema de producción de neve de modo artificial máis moderno, o "polar snow", os afecionados a surfear sobre a neve poderán disfrutar a partir das 21.00 horas desta peculiar demo de "snowboard". Ademáis, a actividade prevista contará coa actuación de "riders" españois e portugueses, xunto coa presencia dalgúns de Vigo.

Ao mesmo tempo habilitarase un espacio de ocio para os máis cativos, onde poderán amosar as súas habilidades nun rocódromo artificial. A festa da neve completarase coas actuacións de varios Dj´s, sorteos de premios entre o público asistente e unha grande festa na discoteca Spectra.

Con isto, os organizadores pretenden crear un precedente en Galicia co obxecto de chegar a celebrar o vindeiro ano unha proba oficial do Campionato do Mundo de Snowboard que colgará o nome de cidades galegas ao carón das máis famosas cunas europeas deste deporte.

Neste intento por consolidar unha modalidade que cada día conta con máis adeptos, Westpeak e Sugema Medios Especiales contarán coa colaboración de institucións coma o Concello de Vigo, o Xacobeo e Deporte Galego, ademáis de empresas coma Estrella Galicia, Caixanova, The North Face, Blusens, Pizza Móvil, 40 Principales, Coca-Cola ou a Estación de Montaña de Manzaneda.

Sen dúbida, trátase da primeira ocasión na que a afamada praia de Samil converterase na sede dun evento desta magnitude. Este ano, o espectáculo estará garantido ao sumar sol, praia e neve nun evento pionero en tódala xeografía nacional.

Máis información