Escoitar

Traballos de sinalización horizontal nas rúas de Vigo

Tralo asfaltado de distintas rúas da cidade, o venres día 13 de agosto darán comezo os traballos de sinalización horizontal en seis rúas de Vigo. O pintado das marcas viais nestas rúas, que se levará a cabo polas noites, terá lugar ata o vindeiro luns, 16 de agosto, e estará condicionado pola climatoloxía.

venres, 13 ago 2004
Os traballos de sinalización horizontal darán comezo hoxe á noite na rúa Otero Pedraio. A noite do sábado 14, pintaranse as marcas viais das rúas Condesa Casa Bárcena, Vía Norte e Gregorio Fernández. Nesta última o pintado rematarase na noite do domingo, na que tamén se pintarán Santa Marta e Llorente.

Fresado e asfaltado doutras rúas

Por outra banda, a finais de agosto retomaranse os traballos de fresado, asfaltado e a conseguinte sinalización horizontal en distintas rúas da cidade.

Os traballos realizaranse en horario nocturno, de xeito gradual, por rúas, e remataranse a mediados de outubro, co asfaltado da rúa Ecuador.

As rúas nas que se abordarán estes traballos son as seguintes:
- Arquitecto Palacios
- Camelias
- Gran Vía (ascendente)
- Gran Vía (descendente)
- Praza de España
- Cachamuíña/Blen Budiño
- Paseo de Alfonso
- Martínez Garrido
- Ecuador

Os traballos estarán en todo momento condicionados pola climatoloxía polo que dende o Concello prégase a máxima colaboración cidadana.