Escoitar

Selección de persoal beneficiario: peons e oficiais <br /> PROGRAMA BIAL<br /> (Convocatoria 2004)<br />

O prazo de admisión estará aberto do martes 17 de agosto ata o luns 6 de setembro, ambos incluídos. O horario de entrega das solicitudes será de luns a venres de 9.00 a 13.00 horas.

venres, 13 ago 2004
A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007, está a desenvolver o Programa BIAL (Brigadas de inserción e actuación local), destinado a persoas con necesidades socio-económicas, para realizar obras e/ou servizos de interese municipal.

As bases para a selección do persoal beneficiario deste programa, aprobadas pola Xunta de Goberno local na súa sesión de data 9 de agosto de 2004, estarán expostas no Concello de Vigo, así como nas dependencias municipais que se especifican nesta convocatoria.

Para a composición das brigadas de obra da primeira quenda do BIAL, ábrese o prazo de solicitudes para:
PEONS
OFICIAIS (Albaneis, Canteiros/as, Electricistas, Ferreiros/as, Fontaneiros/as, Xardineiros/as e Condutores/as (carné C, D e E).

Aquelas persoas candidatas que non cumpran cos requisitos esixidos e/ou non acheguen, dentro dos correspondentes prazos, toda a documentación solicitada, quedarán automaticamente excluídos do proceso selectivo.

Requisitos
- Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos na Lei 17/1993, do 23 de decembro e R.d.800/1995, do 19 de maio, así como o preceptuado na Lei Orgánica 14/2003, do 22 de decembro,que reforma a Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.

- Ter 18 anos cumpridos e non exceder o límite de idade previsto para a xubilación forzosa de conformidade coa lexislación vixente.

- Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais dos postos convocados.

- Non atoparse incurso/a en causa de incapacidade de acordo coa lexislación vixente, nin estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas.

- Débese estar inscrito/a como demandante de emprego nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Vigo na data da convocatoria.

- Estar empadroado/a no Concello de Vigo con tres meses de antigüidade como mínimo antes da data da convocatoria.

- No caso do/a peón: non ter sido beneficiario/a do Promil en convocatorias anteriores e non poderán participar na mesma quenda do BIAL dúas persoas pertencentes á mesma unidade familiar.

- Non ter tido contratos de inserción, por un período total superior a nove meses, dentro dos tres anos anteriores á data da contratación.

Baremarase:
- Pertencer aos colectivos: vítimas de violencia doméstica, persoas discapacitadas, mulleres, mozos/as entre 18 e 25 anos demandantes de primeiro emprego, maiores de 45 anos e desempregados/as de longa duración.

- Os ingresos económicos da unidade familiar que sexan inferiores o 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extras, segundo o baremo establecido.

- As cargas familiares.

- A experiencia laboral e a formación (só no caso dos/as oficiais).

Documentación a presentar
- Impreso de solicitude debidamente cuberto, segundo modelo oficial, no que se poderá expresar o oficio de preferencia (aínda que non será vinculante).

- Fotocopia do DNI de cada un dos membros da unidade familiar, no caso daquel/es menor/es que non o teñan, fotocopia do libro de familia onde este/s figure/n.

- Fotocopia do Libro de Familia (das follas onde figuren os membros da unidade familiar) e do Certificado de Parella de Feito nos casos en que proceda.

- Fotocopia da Tarxeta de Demanda de Emprego da persoa candidata.

- Informe de vida laboral actualizado da persoa candidata e de todos os membros da unidade familiar maiores de 16 anos, emitido polo organismo público pertinente, como documento oficial acreditativo.

- Autorizacións ao Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, para solicitar información, de todos os membros da unidade familiar maiores de 16 anos, a: Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (Facenda Pública), Tesourería Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Instituto Nacional de Emprego (INEM), Consellaría de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, asociacións, ONG´s, i/ou entidades de carácter social.

- De seren persoas discapacitadas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditación mediante certificación oficial, sempre que a discapacidade non sexa incompatible co desempeño do traballo, segundo o pertinente informe médico.

- No caso de ter algún fillo/a e/ou acollido/a legalmente cunha discapacidade recoñecida, documento acreditativo do EVO (Equipo de Valoración e Orientación) con cualificación de minusvalía.

- Declaración xurada de que todos os datos achegados polo solicitante se corresponden coa súa realidade persoal e familiar.

Así mesmo, e de acordo cos necesarios requisitos técnicos que implican as responsabilidades propias da categoría de oficial, tamén se precisa a seguinte documentación no caso de presentarse a este posto:
- Curriculum actualizado.

- Para acreditar a experiencia laboral presentarase orixinal da vida laboral, ademais de fotocopias de contratos de traballo/certificados de empresa. Se no contrato de traballo/certificado de empresa non se especifican claramente as funcións realizadas, achegarase unha certificación de funcións.

- Para acreditar a formación recibida presentarase fotocopia do diploma do centro/entidade de impartición, con número de horas.

Non se reclamará nin recollerá ningunha acreditación non presentada no prazo estipulado para alegacións.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección do BIAL, na convocatoria 2004, poderán obter información, así como recoller os impresos de solicitude e entregar a documentación en: Centro de Emprego de Rivera Atienza (Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego)Rúa Martínez Garrido 21, interior – baixo
Tfnos: 986 266 320 / 986 263 068 / 986 810 232

Prazo de admisión: do martes 17 de agosto ata o luns 6 de setembro de 2004, ambos incluídos.

Horario de entrega: de luns a venres de 9:00 h. a 13:00 horas.