O film "Les mains vides" pecha o Ciclo de Cine ao Aire Libre
O documental, dirixido por Marc Recha, proxectarase o xoves ás 23.00 horas na praza do Rei en versión orixinal en francés e catalán, subtitulada en castelán. A entrada será libre. Se chove trasladarase o ciclo ao venres.
A historia podríase contar dende o punto de vista de Perroquet, un irritante paxaro doméstico que viu morrer a súa dona, a vella Mme. Catherine, por culpa de demasiados excesos, e ser soterrada a escondidas por Eric, o mecánico.
Tamén podería contarse detenéndonos nos trens que cruzan esta pequena población cercana á fronteira, chea de vagóns recorridos por revisores soñadores e perdidos como Sophie, que despachan a diario o seu lote de pasaxeiros, entre os que se atopa o aposto Gerard, que non fai máis ca pasar polos lugares coma o vento que sopla aquí e acolá, ¿ónde irá Gerard?.
Pero tamén podería seguirse a traverso das botellas de viño que serve Yann, o taberneiro, e que comparte gustosamente cos seus amigos Eric y Jean-Claude, o xendarme.
Ou poderíamos escoller o traxecto sinuoso dunha caixa de galletas que contén as economías de Mme. Catherine(traxecto ao menos non tan compricado como o do seu cadáver nun pobo cheo de obras), cartos que escaparán de Eric para rematar inesperadamente no peto dos pantalóns do seu sobriño Axel, no fondo dunha inoportuna lavadora.
E incluso podería ser contada a traverso das lavadoras, xa que Eric ofrécelle unha a María, quén agora está con Jean-Claude, aínda que non deixa de tontear co mecánico.
E non é necesario falar dos cadros horribles de Philippe, o axudante do xefe de estación, namorado e celoso da pequena Lola, a filla de Anna e Yann, quén a súa vez non lle quita ollo ao taciturno de Axel.
Pero mellor rematemos coa presenza da natureza e a paisaxe, observando a estes pobres humáns axitarse nas prisións que eles mesmos construiron. E é que efectivamente é ela quén pode ter a versión máis axustada, é dicir a máis feliz, para contarmos unha historia que é ao mesmo tempo sinestra, divertida, simple e moi enmarañada.
Descargar todas as imaxes