luns, 9 agosto 2004

A Xunta de Goberno aproba o prego de condicións para a adxudicación do servicio de retirada de vehículos

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión de hoxe o prego de claúsulas administrativas que rexerán o concurso para a contratación da concesión administrativa da xestión do servizo público de retirada de vehículos. Entre as novidades do prego amplíase en dous o número de grúas, que pasan de 11 a 13, increméntase o persoal e incorpórase nos vehículos o sistema de localización GPS.