Escoitar

Asuntos Sociais destinará 3.000 euros ao programa de autonomía persoal deseñado pola Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra

A finalidade do convenio asinado polo Concello de Vigo e a Asociación é o de facilitar a integración das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, ao tempo de concienciar á sociedade das posibilidades deste colectivo.

luns, 9 ago 2004
1092048912sindrdown.jpg
Baixo un presuposto de 3.005 euros, o concelleiro-delegado da área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, e o presidente da Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra, Fernando Molina, asinaron o luns un novo convenio de colaboración co fin de levar a cabo o programa de autonomía persoal "Me muevo".

O obxecto do convenio é o de establecer un marco de colaboración para a realización de actividades que faciliten a integración social de nenos, nenas e xoves, a partir dos 8 anos e ata a idade adulta, con síndrome de Down e discapacidade intelectual a través dun programa de autonomía persoal, habilidades sociais e coñecemento do entorno.

Un convenio fundado baixo a premisa de que estes nenos desenvolvan a máxima autonomía na súa vida cotiá, e que poidan realizar as súas actividades de ocio da mesma forma que o veñen facendo os nenos sen discapacidade, reforzando, deste xeito, o seu proceso de aprendizaxe intelectual e persoal.

Téntase, por outra banda, concienciar á sociedade das posibilidades destas persoas como membros que participan na comunidade.

Un dos obxectivos principais do actual convenio é o desenvolvemento das habilidades necesarias para adquirir unha autonomía urbana, logrando unha capacitación completa que lle permita desenvolver unha vida social e laboral, adquirindo progresivamente seguridade e confianza en sí mesmos.
Descargar todas as imaxes