A Xunta de Goberno aproba o prego de condicións para a adxudicación do servicio de retirada de vehículos
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión de hoxe o prego de claúsulas administrativas que rexerán o concurso para a contratación da concesión administrativa da xestión do servizo público de retirada de vehículos. Entre as novidades do prego amplíase en dous o número de grúas, que pasan de 11 a 13, increméntase o persoal e incorpórase nos vehículos o sistema de localización GPS.
A xestión do servizo público de inmobilización, retirada e custodia de vehículos indebidamente estacionados na vía pública, foi un dos principais temas tratados fora da orde do día da Xunta de Goberno Local.
Segundo o voceiro do Goberno Municipal, José Manuel Figueroa, no coste do servizo, algo máis de 2.000.000 de euros, incluiranse aparatos mecánicos, vehículos furgoneta e persoal para a inmobilización ao tempo que se incrementará a superficie destinada ao almacenamento nun 20 por cento e en dous o número de vehículos grúa. Por outra banda, incorporarase aos vehículos GPS e un sistema tecnolóxico que permite ter información "on line" mediante sistemas informáticos no propio Concello.
Urbanismo
Outro dos asuntos levados á Xunta foi o da construcción do paso inferior da Travesía de Vigo e intersección coa rúa Aragón, aprobado o ano pasado polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e polo que o Goberno Local deberá ratificar a acta de recepción das obras do proxecto.
Patrimonio e Contratación
Na área de Patrimonio e Contratación, tratouse a proposta referente á revisión de prezos do contrato de Atención ao Público no Verbum-Casa das Palabras, adxudicado á empresa Servicios Securitas S.A. Transcurrido un ano dende a data de inicio do contrato, a Corporación Municipal deberá recoller a variación experimentada polo IPC e aprobar esta revisión de prezos establecendo os mesmos nos seguintes importes:
- 11.50 euros, hora normal de atención ao público xeral
- 12.65 euros, hora festiva de atención xeral ao público
- 13.15 euros, hora normal de coordenación do servicio de xestión
- 14.55 euros, hora festiva de coordenación do servicio de xestión.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local chegou ao acordo de adxudicar o concurso aberto de atención cidadá a través da liña telefónica 010 á empresa Global Sales Solutions Line, S.L., polo importe ofertado de 124.657 euros ao ano, cunha duración de dous anos, poidéndose prorrogar por periodos anuais ata un máximo de dúas prórrogas.
Deportes
Outro dos temas a destacar foi o do proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e o Real Clube Náutico de Vigo co fin de regular a colaboración de ámbalas entidades de cara a celebración da Regata Internacional Rías Baixas de Cruceiros do 12 ao 16 de agosto. Polo presente, o Concello aportaría a cantidade de 14.000 euros para a posta en marcha da 41 edición deste evento deportivo.
Descargar todas as imaxes