Escoitar

O espectáculo de Arte Fusión inaugura o I Festival de Monicreques "Titirirúa"

A compañía de Albacete "Arte Fusión títeres" presentará o luns o seu espectáculo "Cuentos sonantes y títeres", dirixido a nen@s a partir de un ano. A actuación terá lugar na praza da Estrela ás 20.00 horas con entrada libre.

luns, 9 ago 2004
1092039675artefusion1.jpg
"Arte Fusión" é un punto de encontro de profesionais procedentes dos catro puntos cardinais do arte. Pintura, escultura, danza, música e teatro conforman a mistura de disciplinas deste grupo.

O obxectivo da compañía é fomentar a creatividade do público a través do humor e unha novidosa técnica expresiva na que o titiriteiro únese por completo ao títere.

Gañadores de varios premios teñen participado en numerosos festivais internacionais.

"Cuentos sonantes y títeres" ten como principal protagonista ao simpático Pantufla, que nos toma da mán para coñecer aos seres máis curiosos do noso sono. O gatopato, que coñecerá a súa verdadeira identidade; o poderoso rei rato e a súa filla namorada dun poeta ou un equipo de fútbol moi especial. Un espectáculo de 50 minutos de duración, dirixido a nen@s a partires dun ano.
Descargar todas as imaxes