Escoitar

Castrelos vístese "Color Esperanza"

O cantante arxentino, Diego Torres, autor de éxitos internacionais como "Color esperanza", "Sueños" e "Cantar hasta morir", desplegará por primeira vez en Vigo o seu espectáculo en directo. O concerto terá lugar hoxe ás 22.00 horas no auditorio de Castrelos, se o tempo non o impide.

mércores, 11 ago 2004
1092220328torres.jpg
A pesar de que os seus inicios no mundo da música se remiten á década dos 90, cando tocaba co grupo "La Marca", hai poucos anos que os ritmos latinos do arxentino chegaron a España.

O artista, cantante e actor tratará de amosar hoxe en Castrelos o porqué do seu éxito. Ese mesmo que o encuma no seu país de orixe, no que xa conta con miles de fieis seguidoras.

Se o tempo non o impide, Torres presentará en Castrelos, por primeira vez, o seu último traballo "MTV Unplugged". Un concerto acústico producido e editado en sociedade coa cadea televisiva.

Biografía
Diego Torres está considerado coma un dos pilares fundamentais do movemento pop latino de esta década. Un artista polifacético que comezou a súa particular vida musical co grupo "La Marca".

En 1991 achegouse ata a televisión protagonizando a serie "La banda de Goleen Rocket". En 1992 lanzou o seu primeiro disco como solista baixo o título de "Diego Torres", galardoado tres veces con Disco de Pratino. Dous anos máis tarde publica o seu segundo álbum "Tratar de estar mejor", que obtivo cinco Discos de Ouro e Pratino en moitos países; unha catapulta á esfera internacional.

Con "Luna Nueva", Disco de Ouro en 1996, comezou a recorrer América Latina, Estados Unidos e España. Os seus posteriores traballos "Tal cual es" e "Un mundo diferente" foron a antesala da grabación, en 2004, do MTV Unplugged.
Descargar todas as imaxes