O Concello colabora na estancia en Vigo de nenos saharauis durante o verán
Os rapaces, recibidos hoxe pola alcaldesa, Corina Porro, pasarán o verán acollidos por familias da cidade da man do programa "Vacacións en paz", promovido pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Un total de 12 nenos e nenas saharauis de entre 8 e 15 anos, chegados dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Argelia, foron recibidos o martes pola alcaldesa, Corina Porro.
Os rapaces pasarán o verán acollidos por familias de Vigo e a súa área, gracias ao programa "Vacacións en Paz" da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Nos seus lugares de orixe, a parte máis hostil do deserto, a escasez de alimentos e a falta dun medio de vida adecuado os sitúan nas condicións máis extremas, necesitando da axuda humanitaria para sobrevivir.
Gracias a esta iniciativa solidaria, promovida pola ONG galega, un total de 522 rapaces en toda Galicia, 15 en Vigo, disfrutarán durante dous meses de boa alimentación e de revisións médicas periódicas ás que no poden optar nos seus países. Dous meses nos que o cariño destes particulares pais de acollida marcará a diferencia.
A súa chegada a Vigo faise posible gracias á colaboración de distintas entidades como o Concello, Caixanova ou a CIG, entre outros. Este ano o Goberno vigués aportou 2.800 euros para que preto de seis nenos puidesen pasar as vacacións de verán entre nós.
Descargar todas as imaxes