Escoitar

Un paseo pola obra de Stevenson a cargo de "La carreta" no I Festival de Monicreques "Titirirúa"

A compañía de teatro alicantina presenta "La isla del tesoro",un espectáculo dirixido para os máis cativos, ás 20.00 horas no Auditorio do Concello. Debido ao limitado aforo deste recinto tan só se permitirá o acceso aos rapaces e non aos adultos.

martes, 10 ago 2004
1092125148lacarreta2.jpg
"A Isla del Tesoro" como montaxe teatral, é o resultado directo do traballo, que sobre a novela R.L. Steveson, realizou a compañía La Carreta Teatro.

É un espectáculo onde predomina o visual, a acción e o xesto, e está creado en función das posibilidades escénicas que nos brinda o mundo dos títeres, e en concreto, a linguaxe teatral de animación.

Un espectáculo cun forte compoñente musical, arroupado polo ritmo dos títeres e a interpretación de actores que comparten xogo e fantasía nun mesmo espacio escénico, e unha escenografía non realista que propón e suxire, deixando ao espectador, espacio para imaxinar.

Da praza da Estrela ao Auditorio do Concello
Polas inclemencias metereolóxicas e ante o tempo de montaxe que precisa
a obra de hoxe, tomouse xa a decisión de trasladar definitivamente a representación
da compañía La Carreta, "La isla del tesoro", ao auditorio municipal.

Dado o limitado aforo deste recinto (298 butacas) e en beneficio dos máis cativos, verdadeiros protagonistas desta programación, tan só se permitirá o acceso dos nenos, non dos adultos.
Ao finalizar a representación, e dunha forma ordenada, o persoal de organización entregarallos aos seus pais.
Descargar todas as imaxes