Escoitar

O programa "Un Día no Zoo" acolleu a un total de 60 rapaces dende mediados de xullo

O proxecto ideado polo parque zoolóxico vigués conta con obradoiros, animacións e xogos para os rapaces de oito a doce anos; actividades que se levarán a cabo ata finais do mes de agosto, os mércores e venres de cada semana.

mércores, 11 ago 2004
1092211970zoo.jpg
A proposta lúdico-educativa lanzada polo parque zoolóxigo de Vigo o pasado mes de xullo, acadou unha gran aceptación por parte dos nenos e nenas asitentes e dos seus pais, que calificaron de ameno, didáctico, relevante e ben organizado o programa de "Un Día no Zoo".

Así, completáronse catro grupos de 15 nenos cada un e con horario de todo o día (de 10.30 a 19.30 horas), o que supón un total de 60 rapaces que se achegaron ata o zoolóxico vigués.

O programa, que tivo lugar os días 21, 22, 23 e 28 de xullo e o pasado 6 de agosto asómase como preludio das vindeiras xornadas organizadas polo zoo para o vindeiro 13,18 e 20 de agosto para as que os grupos de participantes xa están completos. Pero os que así o desexen poderán formalizar a súa inscrición para participar no programa que permanecerá aberto ata finais de agosto.

"Algo máis que unha alternativa ao tempo libre". Así se define "Un Día no Zoo". Unha acción educativa destinada aos rapaces de entre oito e doce anos a través de actividades da máis diversa índole.

O programa inclúe visitas guiadas en grupos, obradoiros e
xogos, tendo sempre en conta as inquietudes sociais, educativas e de ocio e tempo libre dos máis cativos. E todo baixo o prisma da concienciación dos máis cativos dende criterios puramente interpretativos.

Para que a xornada sexa do gusto de todos deseñáronse dous tipos de actividades. Unha delas, a de máis aceptación, terá unha duración de nove horas e custará trece euros (incluíndo a comida); a outra será máis curta, só con horario de mañá e por só seis euros.
1092211970zoo.jpg
1092217422zoo3.jpg
1092217456zoo4.jpg
Descargar todas as imaxes