Escoitar

Unha aposta pola educación unitaria a cargo do film "Être et Avoir", no Ciclo de Cine ao Aire Libre

O documental, dirixido por Nicolás Philibert, presentarase o mércores ás 23.00 horas na praza do Rei. Un film en versión orixinal en francés, subtitulado en castelán. A entrada será libre. De persistir as actuais condicións meteorológicas trasladaríase a proxección ao venres 13, ás 23.00 horas.

mércores, 11 ago 2004
1092209097etreetavoir.jpg
Por toda Francia seguen a existir exemplos do que se coñece coma "escuelas unitarias": centros que reúnen aos nenos dun pobo ou zona, dende preescolar ata finais da ensinanza primaria, en torno a un só profesor.

"Être et Avoir" móvese entre o aillamento e a apertura a un mundo enteramente novo, no que esos pequenos grupos de rapaces comparten intensamente, para ben ou para mal, a vida cotiá.
Descargar todas as imaxes